INTERCOMARCAL DE ATLETISMO. NOIA. 01/04/2017

Fomos o pasao sábado, 1 de abril a Noia para participar nas probas da fase intercomarcal de atletismo co CPI A Picota, tal e como vén sucedendo nestes últimos anos.

Dentro desta fase, hai varias datas onde os rapaces/zas son convocados en diferentes fins de semana segundo a categoría, pois os benxamíns (2007 e 2008) e alevíns (2006 e 2005) van nas mesmas datas e os infantís van noutras diferentes.

Un total de 12 atletas do noso centro decidiron ser valentes e probar as experiencias destas modalidades do atletismo, algunhas delas totalmente descoñecidas para moitos e que sucitou o interese por saber a normativa e o material de uso.

Participamos en disciplinas como lanzamento de peso, salto de lonxitude, carreiras de velocidade, de media distancia..., en definitiva, todas aquelas que a eles lles gustaban.

No tocante a tarde deportiva, esta dicurriu sen incidencias e co goce dos participantes, máis se cabe cando os resultados acompañaron pero sobre todo debemos destacar a excelente xornada de convivencia entre atletas, compañeiros, adestradores e o deporte nunha tarde soleada e que a ben seguro será de recordo para moitos dos nosos alumnos/as.