Os do club de lectura e cálculo divertido van de excursión a Noia e á praia!!



Despois de todo un ano lendo, calculando, facendo teatro e poesías chegou o merecido premio!!

O 30 de maio os nenos e nenas do club de lectura de primaria fixemos  unha saída para coñecer o casco histórico de Noia, tendo que usar un plano para chegar aos sitios.  

Baixamos pola Alameda  ata o Concello, alí fotografiámonos  coas estatuas de escritores famosos de Noia, aos que se lle adicou xa un día das Letras Galegas, como son María Mariño e Antón Avilés de Taramancos, ao cal lle temos adicada unha das aulas do noso cole, a de 3 anos. Tamén fixemos unha foto na estatua do escultor Felipe de Castro, que estaba no medio de dous magnolios enormes!! 

Despois fomos ver a Ponte Medieval de Traba, onde hai un lavadoiro e muiños.

  Logo acercámonos a Santa María a Nova onde vimos as laudas gremiais, que levaban os debuxos da profesión do defunto, e fixemos fotos diante do retablo Barroco e do Rosetón. 

A continuación seguindo o plano tivemos que ir ata a Praza do Tapal,  onde está a igrexa de San Martiño, alí pudemos ver entre outras cousas unha lousa cunha cruz, que indicaba onde caera morto o director da película “La campana del infierno”, que caeu desde o alto da igrexa. 

 Logo fomos un chisquiño ao parque da Alameda, aos columpios, e de camiño entramos na Tasca Típica, que era de Avilés de Taramancos e onde vimos unha armadura.

Despois voltamos ao autobús,  que nos acercou ao muelle de Testal, desde onde fomos andando por un camiño ben chulo ata a praia de Boa. Polo camiño fomos atentos para ver diversas árbores, das que as profes nos deran unhas fotos para ver si as recoñecíamos e sabíamos que árbores eran, ahora creo que xa temos un pouco máis claro cales son os pinos, carballos, castiñeiros, loureiros e eucaliptos...

.E....por fin!!! Chegamos á praia de Boa pequena, tiñamos toda a praia para nós!!  Ao chegar démonos un chapuzón antes de comer, logo comemos, xogamos coa area e despois dun tempo que nos pareceu eterno poidemos bañarnos outra vez!! Ao principio a auga parecía que estaba fría, pero despois dun pouco de tempo nela a verdade é que se notaba ben boa!

A continuación podedes ver unhas fotos que fan unha idea do que foi este día de excursión!!