Visita a Radio Negreira

                       
  

Como xa sabedes algúns alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria formamos parte dun  clube  de radio  bilingüe  chamado  "English/Gal club radio show" e por iso tivemos a gran sorte de ir visitar as instalacións de Radio Negreira. 
Non pensedes que só fomos de visita, non, non, ademais participamos nun programa chamado "Faladoiro" que se emitirá o vindeiro xoves 18 de maio.

A maiores participamos nun "Café con Letras" que para que os non saibades o que é e un almorzo moi especial no que ademais de tomar  croissants tamén lemos  o conto de Carlos Casares "A galiña azul".







Moitas grazas a Radio Negreira por esta experiencia 
tan xenial! ;)