Séguenos por correo electrónico

miércoles, 28 de junio de 2017

ESCORNABOTS CPI A PICOTA 2017

A finais deste curso solicitamos participar no proxecto Escornabots, iniciativa das Biblioteca escolares de Galicia. Resultou que fomos admitidos neste proxecto desde o que xa comezamos no mes de abril coa montaxe, previa fomación en cursos sobre a robótica, obradoiros de montaxe e as experiencia compartidas doutros centros que xa formaban parte desta idea.

Estes Escornabots serán usados en Infantil e barallamos a idea de que dispoñan deles a través dunha mochila viaxeira e así interactuar desde a biblioteca coas familias, dando lugar a novas formas de uso e ao desenvolvemento da imaxinacións nas casas, co conseguinte aporte e recollida destas experiencias na aula, onde os alumnos poderán explicar as súas aventuras.

Xa montamos 2 robots nos tempos libres e como parte do curso de formación, debemos facer un vídeo coa montaxe, que publicaremos a continuación.
O resto serán montados en setembro... polo alumnado de Infantil (coa axuda necesaria).