Séguenos por correo electrónico

jueves, 8 de junio de 2017

Madriñas e padriños lectoras/es.

Como vén sendo habitual, tivemos  outro ano máis, a lectura por parte dos padriños e madriñas lectoras a tódolos nenos e nenas de Infantil de 3, 4 e 5 anos. 

De maneira personalizada e combinando as idades, o alumnado de 2º e 4º da ESO le, representa ou escenifica os contos máis demandados polo alumnado, posto que tras rematar a lectura do derradeiro venres do mes, van a biblio devolver o libro e solicitan o empréstito de outro que eles/as escollen para que lle lea a  madriña. Esta lévao  para preparar na casa se o considera preciso.

Nunca falla a acollida desta actividade e aínda nos queda a despedida final que soe ser moi atractiva para grandes e pequenos, posto que despois da convivencia anal repartiranse mútuamente uns agasallos como recorso e sinal dese bo entendemento que soe haber.