MUSICAL NA CASA DA CULTURA DE A PICOTA


O martes 23 de maio estivemos na casa da cultura de A Picota para asistir a un espectáculo fantástico: "Os Rockenstein", unha obra teatral representada polo grupo Malasombra
Acompañados polos outros/as alumnos do Concello, os de Pino de Val e San Cosme de Antes tivemos unha xornada divertida de música, e boa compañía.
Nela, catro actores deron vida aos personaxes deste musical no que o doutor Rockenstein é un grande profesor, científico e inventor, pero tamén un melómano consciente de que a boa música está desaparecendo. Para poñerlle remedio, decide crear no seu laboratorio unha criatura co fin de convertila nunha estrela musical cuxa misión será salvar ao mundo da desaparición do rock. Teatro, música e humor fusionáronse neste espectáculo ao que asistimos todo colexio.