Remate e celebración final de madriñas e padriños lectores.2017

Chegamos ao fin do apadriñamento lector por parte dos nenos/as da ESO  aos de Infantil deste curso 2016.17.
Ocorréusenos onte luns. xa a piques de rematar o curso, facer unha reunión de tódolos participantes para agradecer a súa labor constante durante todo curso. Aproveitamos para contar unhas historias sobre as aventuras deste curso e démoslle a palabra desta vez aos nenos/as de Infantil para que eles contasen as súas historias.
Finalmente, houbo un reparto mútuo de obsequios, onde os maiores da ESO entregaron uns lápices aos peques e este devolvéronlles o agasallo en forma dun bloque lóxico de madeira, tipos cubo de Rubik.


MOITAS GRACIAS A TODOS/AS POR ESTA ACTIVIDADE