1ª ENTREGA: Os ESCORNABOTS funcionando xa na Picota

Despois deste mes de setembro como toma de contacto para o alumnado de Infantil, xa lles puxemos nas mans os Escornabots para que eles experimentasen.
Incrible a facilidade coa que o manexan, como collen os conceptos antes cos maiores, aos cales nos levou un tempo dominar.
Definitivamente, este é o seu mundo.

Vexamos nestes vídeos unha mostra das súas habilidades nos primeiros contactos cos robots e tamén un exemplo das actividades que se foron elaborando para os cursos de Infantil.