PRESENTACIÓN da BIBLIOTECA en PRIMARIA, INFANTIL E SECUNDARIA

Este venres día 13 de outubro tivo lugar a presentación da biblio para o alumnado de Primaria.

 Nas primeiras horas e distribuídos por grupos, fomos chamando por este orde a 6º e 5º , despois a 4º e 3º para xogar ao TRIVIAL sobre a preguntas da nosa biblioteca. Clasificámolas segundo as cores da CDU e, así darlles por conseguido un queixo a aqueles grupos que acertasen directamente unha pregunta.
Fixemos grupos de 5 persoas na aula de audiovisuais e de cada tirada de dados ían  a biblio na busca de respostas.
Resultou moi interesante xa que a competición por equipos sempre lles fai dar o máximo e cremos que o obxectivo final de coñecer ben a disposición da biblio, da CDU, de ter máis datos sobre o noso padriño Manuel González González (aínda que as veces confunden a este con Léctor, a nosa mascota da biblioteca) e tamén pasar un tempo agradable arredor deste espazo dinámico e tan aprovietable, como é a nosa biblioteca.

Nos cursos de 2º e1º levamos a cabo uns xogos didácticos co material que temos na biblio como complemento da lecturas nos recreos. Tamén lles presentamos o recuncho dos robots e aprenderon a manexalo, observando que foi do seu agrado.
Outros xogos de encaixe, bloques lóxico-matemáticos e o Monkey foron a oferta plantexada.

O martes 17 levamos a todo Infantil para mostrarlle como era o funcionamento da nosa BIBLIOTECA, é dicir, onde estaban os contos, películas e xogos adecuados para a súa idade. Falamos da función dos marcadores e como se facía o préstamo de libros e para rematar, lemos un conto sobre as ovelliñas e como estas facían as súas propias mantas.





Aos alumnos de 1º ESO nunha hora de titoría explicouselles o funcionamento da biblioteca e a CDU, deuses o seu número de lector e fíxose un concurso onde tiñan que encontrar diferentes libros.


VER MÁIS FOTOS