MAGOSTO castañeiro da Picota.

A nosa castañeira Fernanda levaba xa desde o luns 13 anunciándonos que esa semana celebraría o magosto, sería o venres desa semana en horario de tarde.

Como ben sabedes a señora Fernanda, é patrimonio humano de noso para estas celebracións culturais e tradicionais que soemos facer cada ano. Ela presentounos o Magosto e tamén se presentou a si mesma a tod@s nós, xa que entre os seus cambios de imaxe e a xente nova que non a coñecía, parecía que estaba un pouco desubicada.


Unha vez colleu confianza, Fernanda foi preparando e dándolle xeito a esa xornada de convivencia escolar, polo que comezou dándolle ideas ás profes de Infatil facendo os "cucuruchos de deseño" para as cáscaras e castañas en nenos/as de Infantil, despois centrouse en organizar os xogos da xornada de convivencia, onde  todos e todas  disfrutamos moito.  Xa era hora de comer as castañas, posto que o arrecendo non paraba de asolagar as nosas ulideiras.

Todos sentadiños e arredor das castañas, escunchamos unha e outra ata que fartamos e Fernanda nos deixou levar algunhas para probar na casa as nosas familias.

Actividade de interese tradicional e cultural que sempre presta entre todos nós.