SAEN AS MOCHILAS VIAXEIRAS

No día de onte, mércores 22 de novembro saíron para as casas dos nosos estudantes, as mochilas viaxeiras que os acompañarán durante 15 días, por quendas e desde esta semana ata o mes de maio.

Nos cursos de  2º, 4º e 6º  xa teñen as novidades do curso no tocante a música, pelis, xogos, cómics, libros de lectura, revistas en castelán e inglés, xornal do día, etc.

En 2º da ESO, Secundaria, partirán para a semana tamén as mochilas viaxeiras. Neste nivel o alumnado participará na elección do material que levarán, así a mochila responderá ás súas demandas e agardemos que sexa tamén de satisfacción do alumnado.

Na volta das vacacións, a finais de xaneiro será a quenda das mochilas viaxeiras para Infantil, que levará os Escornabots e as fichas para traballar con eles.

Dentro das mochilas vai información para as familias, unha relación detallada do material adxuntado e tamén unha enquisa para valorar o interese das mochilas no alumnado e familias.

Agardamos que as disfrutedes e sexan do voso interese.