Semana GANDEIRA 2017

Este ano dende o CPI A Picota queremos colaborar coa SEMANA GANDEIRA 2017 organizada do 27 de novembro ao 3 de decembro polo Concello de Mazaricos.

Con motivo disto temos exposta na entrada do cole a "vaca Mazarica" e un cartel onde se mostran tódalas actividades ás que teñen aceso e indicadas para os nenos/as de Primaria i ESO.
Tamén proxectamos un vídeo contiunamente que nos pasaron desde o Concello como introdución a este evento, proxección de interese para o alumnado xa que moitos deles aparecen nas imaxes.

Destacamos e animamos a participación do alumnado en:
concurso de fotografía, facer fotos e mandar por whatsapp ao 628809761 especificando título e foto. (Ata o 20 de novembro);
- relatos curtos,  historias con máis de 100 palabra i entregalas en:  semanagandeira@mazaricos.gal ;
- postres lácteos, entregalos antes do 2 de decembro as 17h. no recinto feiral,
- e unha xincana  MZ, (anotarse o 2 decembro antes das 16:15, no recinto feiral).

                                                  preme aquí para ver as demais fotos