CASTROS DO MONTE ARO

Excursión de outono, polo data namais, a un enclave sinalado na nosa oreografía. O monte Aro está situado no concello de Mazaricos, a uns 556 metros de altitude e accédese desde A Picota, polo cruce detrás do parque e atravesando a parroquia de Atán. Distanciado do casa do Concello en 4 kms aproximadamente.

Fomos todo alumnado de Infantil e Primaria, presenciar os traballos arqueolóxicos e descubrimentos de fai miles de anos atrás, onde os nosos antepasados se estableceron coas vivendas e fortificacións da época, os anhelados castros. Escolleron a cima do monte  polas súas vantaxes de ter controlado ao entorno, as dificultades de chegar a onda eles en caso de invasións.

Estes estudos do patrimono da zona enmárcase dentro da temática da Biblioteca e que ten como fío un proxecto anual do centro, o cal versa sobre o patrimonio cultural, artístico e pasixístico do entorno.
Nestes momentos, hai unha arqueóloga traballando para o Concello de Mazaricos, Nina Alvela que se encarga de todas estas labores de desterrar a información do noso pasado e que tamén nos ofrece charlas sobre este tipo de patrimonio do Concello e coordina estas saídas para comprobalo en situ.
Fai un mes atrás, tivo toda Primaria unha charla previa sobre que eran os castros, quen e como vivía neles. Tamén falamos destes asentamentos que se sospeita que hai e se están investigando no Concello: en Abeleiras, Recarea, ....

Por outra banda e máis adiante falaremos dos petroglifos, mámoas e dolmen.

Moi agradecidos lle estamos da súa labor de ensinarlle a estes nenos/as o entorono soterrado que os rodea.

NESTE ENLACE WEB TENDES MÁIS INFORMACIÓN DO CASTRO