CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ 30 de Xaneiro de 2018

Chega finais de xaneiro e despois de moito exprimir os miolos, celebramos o día da PAZ.
Todo colexio da Picota, fixemos varias actividades ao abeiro deste acto:

1.- Traballaron sobre personaxes famosos e frases ditas por eles, que foron expostos na pasarela do colexio







2.- Deseñamos uns banderíns para conmemorar este día e lucir durante a canción de paz que contiñan imaxes do evento combiandas nalgúns casos con frases célebres en favor dun mundo pacifista.


preme aquí para ver máis fotos de banderíns e a canción da paz







3.- Participamos na Carreira Solidaria Save The Children, onde nos puxemos a dar voltas correndo polo patio, co fin de recaudar algo de diñeiro e aportalo a esta organización benéfica na súa labor de paliar deficiencias de medicamentos e nutricionais en nenos/as de Sudán.
Todo o alumnado participante puxo moitísimo empeño en dar moitas voltas ao patio e os familiares participaron moi xenerosamente apadriñando aos rapaces.

                                               preme aquí para ver as fotos e vídeos da carreira

4.- Para rematar a celebración todos os alumnos cantaron xuntos a canción PAZ, PAZ, PAZ de Juanes: