FESTIVAL DE NADAL 217

Foi o pasado 21 de decembro cando rematou o primeiro trimestre no CPI A PICOTA , e por esas datas soemos celebrar o Nadal de diferentes xeitos, poñendo como colofón ao ano académico natural cun festival de Infantil e Primaria na casa da cultura do concello de Mazaricos.

Chegados ao xoves 21 e tras ensaios, preparación do atuendo, decoracións varias, etc presentámonos alí con toda a nosa ilusión e gañas de disfrutar dun ambiente festivo en compañía das familias que puideron asistir.

Saímos do centro con antelación suficiente, pois todo fai falta nestes eventos e máis aínda canto tiñamos aló preparado unha visita ao Belén de eucalipto exposto no xardín da entrada do Concello. Convidados por Eu Son Mazaricos, revisamos as figuras talladas dos persoaxes máis relevantes, fixemos unha foto en conxunto con esa estampa navideña e nun acto simbólico unha nena do cole xunto ao alcalde, colocou o neno Xesús no pesebre.

Acto seguido xa tocaba mostrar as dotes artísticas do alumnado e divertirse coa celebración do Nadal na Picota.

Todos os cursos tiveron a súa participación co formato escollido previamente, ben sexa, baile, teatro, canto, coreografías, etc.
No medio fixemos un descansiño, onde aproveitamos para entregar os premios do Concurso de postais de Nadal.

Entre tanta redacción i explicación, deixemos paso a mostrar os vídeos das actuacións que eles falarán por si sós. Aí van tal e como foi o festival, ne mesma orde de actuación...e non perdades a ocasión de velos unha e outra vez, pagan a pena.


3 anos


4 anos


5 anos


 1º EP


2º EP


3º-4º EP


Premios postais navideñas


5º- 6º. Teatro, parte I


5º - 6º EP . Teatro, parte II


5º- 6º EP.