Entroido de Arcos (Mazaricos) no CPI A Picota 9/2/2018

Hoxe tivemos a celebración do Entroido e para celebrar o ano do Patrimonio cultural europeo e seguindo co tema do proxecto de biblioteca para este curso sobre o Patrimonio cultural galego, disfrazámonos todos do Exército dos panos e fixemos un desfile co "GENERAL" ao mando.



Prema aquí para ver máis fotos do Entroido no CPI A Picota; o ensaio xeral e logo a celebración

Aquí subimos algúns dos vídeos, se tendes máis dese día, enviádenoslos a mazaricoteca@gmail.com e publicarémolos.

Grazas.

1.- A PRESENTACIÓN


2.- Desfile dos nenos e nenas de infantil:

3. Desfile dos alumnos de primaria:


4. Desfile dos alumnos de secundaria:


5. Desfile no ximnasio do alumnado de secundaria:


6. Rematamos o desfile cun baile tradicional realizado por 4 rapazas de 2º e 1º da ESO máis un gaiteiro e outro pandereteiro de 2º ESO, acompañados pola profesora de música




Por último, dedicámoslle algo de tempo a degustar todos as larpeiradas típicas destas datas elaborados polos pais/nais dos nosos alumnos/as. ¡¡¡Estaban boísimas!!!.

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración no Entroido deste ano. Sen todos vos non houbera sido posible facelo.

Tamén neste Entroido, disfrazáronse do Exército dos panos o CEIP San Cosme e o CEIP Pino do Val.
E ó día seguinte nas estradas da Picota desfilaron todos os nenos que quixeron para festexar este acontecemento.


VÍDEOS RESUMO DO ENTROIDO DOS PANOS. EDICIÓNS LUÍS.

PRODUTOS DEGUSTACIÓN E PÚBLICO


VÍDEO XERAL DO DESFILE


BAILE


DESPEDIDA